Sylvia Plath
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1932 Boston, Estados Unidos de América |
Morte | 11 de febreiro de 1963 (30 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | suicidio |
Lugar de sepultura | Heptonstall (en) |
Residencia | Londres |
Relixión | Unitarismo |
Educación | Smith College - ciencia da literatura Newnham College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, ensaio e ficción |
Ocupación | poetisa, autobiógrafa, autora de diarios, ensaísta, escritora, novelista, escritora de literatura infantil |
Empregador | Smith College |
Xénero artístico | Poesia confessional (pt) |
Pseudónimo literario | Victoria Lucas |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Ted Hughes (1956–1963) |
Fillos | Frieda Hughes, Nicholas Hughes |
Pais | Otto Plath e Aurelia Plath |
Irmáns | Warren Joseph Plath |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Plath, Sylvia, 1932-1963, American Women Writers (en) |
Sylvia Plath, nada en Boston o 27 de outubro de 1932 e finada en Londres o 11 de febreiro de 1963,[1] foi unha poeta e novelista estadounidense cuxa obra constitúe unha dobre procura desesperada da realidade do mundo e da identidade feminina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sylvia Plath naceu no seo dunha familia de clase media no barrio de Jamaica Plain (Massachusetts), e pasou a súa infancia en Winthrop. Xa de nena escribía, chegando a publicar o seu primeiro poema aos 8 anos. A pesar da súa aparente estabilidade, no seu interior incubaba graves problemas psíquicos que tiñan a súa orixe na morte de seu pai (un especialista en abellas e profesor de Bioloxía na Universidade de Boston) a causa dunha embolia pulmonar cando a poeta contaba con 8 anos.
A escritora comezou os estudos universitarios no Smith College (Massachusetts) e, grazas a unha bolsa de estudos Fulbriht, trasladouse á Universidade de Cambridge. Durante a súa época de estudos, Plath sufriu unha depresión crónica (agora sábese que padecía un trastorno bipolar), chegando incluso a un intento de suicidio no ano 1952, algo que detallou máis tarde na novela A campá de cristal (The Bell Jar). Graduouse con honores[2] tres anos máis tarde, despois dunha tempada de recuperación nun psiquiátrico. Foi en Cambridge onde a escritora coñeceu o que sería o seu marido, Ted Hughes,[3] un poeta inglés co que casaría en 1956.
Entre xullo de 1957 e outubro de 1959, Plath deu clases no Smith College ata que se trasladou, xunto co seu home, a Boston, onde a escritora asistiu a seminarios con Robert Lowell e con Anne Sexton. Este traslado debeuse ó insoportable que se lle fixo a súa estancia no Smith College, comezando así unha nova etapa de inestabilidade. Cando Plath quedou embarazada, regresaron ao Reino Unido, instalándose primeiro en Londres e logo en North Tawton (Devon). En 1960 publicou a súa primeira recompilación, O coloso (The Colossus) e, en 1962 o matrimonio separouse, apenas dous anos despois do nacemento do seu segundo fillo. Esta separación debeuse, sobre todo, á relación amorosa que Hughes mantiña coa poeta Assia Wevill, aínda que é posible que Olwyn Hughes, irmá do poeta, interferise na súa relación. A separación afectoulle moito a Plath.
A escritora retornou a Londres cos seus dous fillos, pero ela, que ao longo da súa vida sufrira numerosas depresións, rematou coa súa vida asfixiándose con gas o 11 de febreiro de 1963.
Obra
[editar | editar a fonte]Sylvia Plath só publicou dous libros en vida: a colección de poemas The Colossus e a novela The Bell Jar, editada co pseudónimo de Victoria Lucas. Postumamente, apareceu o seu libro Ariel. O seu marido, o poeta inglés Ted Hughes, encargado de xestionar o legado da súa antiga esposa, supervisou e editou a publicación da súa obra[4]
O seu primeiro libro, O coloso (1960), puxo en evidencia a meticulosidade do seu oficio e un estilo moi persoal, aínda que moitas veces foi descrito como convencional e carente do drama das súas obras posteriores. Ariel (1965) está considerado como o seu mellor libro de poemas, o cal, ao igual que a poesía publicada despois do seu suicidio, reflicte un ensimesmamento e unha obsesión pola morte. A campá de cristal (1963), é o testemuño do seu propio derrubamento psíquico provocado por unha sucesión de fracasos sentimentais e polas complicadas relacións que mantivo cos homes que nas relecturas destacan as presións sociais e culturais.[5] Con Poemas completos, editado polo seu home no 1981, Plath gañou, postumamente, o premio Pulitzer no 1982. Outras obras publicadas despois da súa morte son os poemarios Cruzando a auga (1971) e Árbores de inverno (1972), e Johnny Panic e a Biblia de soños, un libro de contos.
Obras
[editar | editar a fonte]Prosa
[editar | editar a fonte]- A campá de cristal (The Bell Jar) (1963). Traducida ao galego por Celia Recarey (Irmás Cartoné, 2023)
- Cartas a casa (Letters home) (1975).
- Johnny Panic e a Biblia de soños (Johnny Panic and the Bible of Dreams) (1977).
- Os diarios de Sylvia Plath (The Journals os Sylvia Plath) (1982).
- The Magic Mirror (1989), a tese para Smith College.
- The Unabridged Journals of Sylvia Plath (2000).
Poesía
[editar | editar a fonte]- O Coloso (The Colossus) (1960).
- Ariel (1965).
- Three Women: A Monologue for Three Voices (1968).[6]
- Cruzando a auga (Crossing the water) (1971).
- Árbores de inverno (1972).
- Poemas completos (The Collected Poems) (1981).
Obras para nenos
[editar | editar a fonte]- The Red Book (1976).
- The It-Doesn't-Matter-Suit (1996).
- Collected Children's Stories (2001).
- Mrs. Cherry's Kitchen (2001).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Encyclopædia Britannica. "Sylvia Plath: Biography, Poems, Books, & Facts" (en inglés). Consultado o 13-2-2018.
- ↑ Robert F. Howe Instituto Smithsoniano (11-2003). "Seeing Sylvia Plath". Smithsonian Magazine (en inglés). Consultado o 13-2-2018.
- ↑ Danuta Kean (11-4-2017). "Unseen Sylvia Plath letters claim domestic abuse by Ted Hughes". The Guardian (en inglés). Consultado o 13-2-2018.
- ↑ Senís Fernández, Juan, 1975- (2009). Mujeres escritoras y mitos artísticos en la España contemporánea : Carmen Martín Gaite, Espido Freire, Lucía Extebarria [sic] y Sylvia Plath. Madrid: Editorial Pliegos. ISBN 9788496045613.
- ↑ Miró, Francesc (2021-05-16). "'Sylvia Plath: Dentro de la campana de cristal', o la posibilidad de reinterpretar la figura de la poeta maldita". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-05-18.
- ↑ http://medhum.med.nyu.edu/view/1165
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sylvia Plath |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Sylvia (filme) (2003), de Christine Jeffs.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Peter K. Steinberg - A celebration, this is: A website for Sylvia Plath. (en inglés)
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Escritores en lingua inglesa
- Poetas dos Estados Unidos de América
- Alumnos da Universidade de Cambridge
- Suicidas dos Estados Unidos de América
- Contistas
- Nados en Boston, Massachusetts
- Nados en 1932
- Finados en 1963
- Suicidios en 1963
- Estadounidenses de ascendencia austríaca
- Estadounidenses de ascendencia alemá
- Novelistas dos Estados Unidos de América